Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 235/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 235/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina María Rodríguez Ceballos contra Juniors Servizos Integrais, S.L., Colexio Juniors, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., Fundación Juniors Caesga, S.L., Mutua Universal e INSS, sobre seguridade social, se ditou sentenza con data do 22 de xuño de 2020, así como publicación desta o 23 de xuño de 2020.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fundación Juniors Caesga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza