Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de insolvencia (ETX 13/2017).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 13/2017 deste xulgado se ditou decreto de insolvencia con data do 11.11.2020, contra o cal se poderá interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Pérez Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza