Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47750

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2020 pola que se conceden as axudas para o rescate de proxectos de investigación galegos presentados á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19, susceptible de financiamento Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 5 de agosto de 2020, da directora da Axencia Galega de Innovación, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de axudas para o rescate de proxectos de investigación galegos presentados á convocatoria de expresións de interese do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19, susceptible de financiamento Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN845D); esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 170, do 24 de agosto.

O artigo 4 da resolución de convocatoria establece os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias para poder optar ás axudas. O artigo 6 establece o prazo de presentación de solicitudes de axuda.

As solicitudes que resultaron admitidas foron obxecto dun proceso de avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 18 das bases reguladoras.

A comisión de selección prevista no artigo 17 da convocatoria reuniuse o día 4 de novembro de 2020 e elaborou unha relación por orde decrecente de puntuación das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario, así como os seus custos subvencionables, de acordo co crédito dispoñible para esta convocatoria de axudas, que é de 3.000.000 €, distribuídos en tres anualidades (2020, 2021 e 2022).

Unha vez realizada a instrución do procedemento e á vista do informe emitido pola comisión de selección e da proposta do órgano instrutor, de acordo co disposto nos artigos 16 e 20 das bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas, coa intensidade máxima prevista no artigo 3 das bases reguladoras, do 100 % do investimento subvencionable, ás entidades seleccionadas que figuran no anexo I desta resolución, ordenadas por tipoloxía de entidade beneficiaria e por orde decrecente de puntuación sobre un máximo de 20 puntos.

O artigo 2 da convocatoria de axudas establecía o seu financiamento coa distribución de fondos entre aplicacións orzamentarias, entre anualidades e entre tipoloxías de entidades beneficiarias. Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 5 de novembro de 2020, reaxustouse a devandita distribución de fondos de acordo co número de proxectos que se conceden por tipo de entidade beneficiaria e coa duración destes. Así, o importe total das axudas concedidas é de 2.973.741,07 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro, segundo a natureza da entidade beneficiaria:

Beneficiario

Partida orzamentaria

Subvención 2020 (€)

Subvención 2021 (€)

Subvención 2022 (€)

Subvención total (€)

Organismos de investigación públicos

09.A3.561A.744.0

61.905,55

536.420,34

236.569,18

834.895,07

Organismos de investigación privados

09.A3.561A.781.0

213.148,42

1.593.984,90

331.712,68

2.138.846,00

Total

275.053,97

2.130.405,24

568.281,86

2.973.741,07

2. Denegar as solicitudes que acadaron unha valoración inferior a 11 puntos, por non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento. Estas solicitudes relaciónanse no anexo II por orde decrecente de puntuación.

As axudas concedidas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder 2014-2020 de Galicia, dentro do eixe 1: «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2: «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes; obxectivo específico 1.2.3: «Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes», e actuación CPSO (Criterios e Procedementos de Selección de Operacións): 1.2.3.4. «Proxectos de I+D+i que fomenten a capacidade de resposta á crise sanitaria provocada pola COVID-19».

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 29 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 26, 27 e 28 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 25.

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Código exped.

Título do proxecto

Nota

NIF

Entidade beneficiaria

Orzamento subvencionable

%

subv

Subvención
total (€)

Subv. 2020 (€)

Subv. 2021 (€)

Subv. 2022 (€)

IN845D 2020/15

CoVTES: proba rápida para a detección precoz de SARS-CoV-2 baseada en inmunocromatografía

18,25

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

40.350,00

100

40.350,00

1.500,00

38.850,00

0,00

IN845D 2020/09

Affidendrons anti-SARS- CoV-2 S: ferramentas multivalentes para diagnóstico temperán e terapia antiviral COVID-19

18,00

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

233.100,00

100

233.100,00

17.250,00

117.300,00

98.550,00

IN845D 2020/05

Deseño e síntese de proteínas recombinantes superficiais quiméricas do virus SARS- COV-2 para a produción dunha vacina en fermentos

17,50

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

84.250,07

100

84.250,07

23.258,13

60.991,94

0,00

IN845D 2020/26

Ciencia e enxeñaría de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19

17,00

Q6550005J

Universidade da Coruña

311.137,00

100

311.137,00

10.800,00

210.933,40

89.403,60

IN845D 2020/02

Predición da estrutura de proteínas de SARS- CoV-2 con técnicas de intelixencia artificial

15,50

Q6550005J

Universidade da Coruña

25.758,00

100

25.758,00

2.041,64

23.716,36

0,00

IN845D 2020/16

Novos axentes antivirais baseados en aminoquinolinas para o tratamento da pandemia actual por SARS- CoV-2

11,50

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

140.300,00

100

140.300,00

7.055,78

84.628,64

48.615,58

IN845D 2020/38

Intelixencia Artificial vs COVID-19: melloras na detección, avaliación e seguimento personalizado dos afectados

17,5

G15335219

Fundación Profesor Novoa Santos

254.400,00

100

254.400,00

20.800,00

161.183,01

72.416,99

IN845D 2020/19

Pharmaceutical development of fast-track and innovative therapies targeting ACE2 for COVID-19

16,5

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

741.600,00

100

741.600,00

13.800,00

727.800,00

0,00

IN845D 2020/01

Estudo farmacoxenético para predicir a resposta ao Tocilizumab en pacientes infectados por SARS-CoV-2

15,5

G15335219

Fundación Profesor Novoa Santos

135.530,00

100

135.530,00

2.900,00

125.300,00

7.330,00

IN845D 2020/29

Desenvolvemento dun sistema de IA para a adecuación da intensidade asistencial de pacientes críticos de COVID-19 na UCI integrando técnicas de Machine e Deep Learning

15,5

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

229.438,00

100

229.438,00

28.734,29

100.145,50

100.558,21

IN845D 2020/35

Avaliación de compostos senolíticos para o tratamento da síndrome de dificultade respiratoria aguda

15,5

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

34.500,00

100

34.500,00

7.503,75

26.996,25

0,00

IN845D 2020/03

Practicum Direct_Simulador de toma de decisións en pandemias

15

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

270.100,00

100

270.100,00

23.948,87

158.368,63

87.782,50

IN845D 2020/23

Avaliación da influencia dos factores xenéticos do hóspede na susceptibilidade, patogenia, diagnose e prognóstico na infección por SARS- CoV-2 (XEN- COVID)

15

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

297.400,00

100

297.400,00

74.540,40

170.418,85

52.440,75

IN845D 2020/20

Clarificacion do efecto beneficioso ou prexudicial dos tratamentos con Sartanes, IECAS e Ibuprofeno sobre a vulnerabilidade á infección e o agravamento da enfermidade COVID-19

13,5

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

121.878,00

100

121.878,00

29.941,11

80.752,66

11.184,23

IN845D 2020/11

Spikesomas para a degradación do SARS-CoV-2 baseada en CRISPR/Cas13d

11

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

54.000,00

100

54.000,00

10.980,00

43.020,00

0,00

ANEXO II

Solicitudes denegadas

Código exped.

Título do proxecto

NIF

Entidade solicitante

Puntuación

Causa de denegación

IN845D 2020/22

Esterilización supercrítica para reutilización de equipamentos de protección individual dun só uso

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

10,00

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/04

Acción antiviral do tratamento con litio (carbonato de litio) en pacientes COVID-19 positivos

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

9,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/27

Inmunización nasal fronte ao SARS- CoV-2 empregando bacterias probióticas modificadas xeneticamente

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

9,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/36

Test rápido de seguridade cardiovascular para o desenvolvemento de novos fármacos contra o SARS-CoV-2

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

9,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/10

Liposomas con expresión de ACE2 para bloquear a infección por SARS-CoV-2

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

9,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/21

Influencia da comorbilidade reumatolóxica inmunomediada crónica e os seus tratamentos nos pacientes infectados polo SARS- CoV-2. Análise de Big Data en Galicia

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

9,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/28

Novo sistema de inactivación de carga vírica para superficies e persoal sanitario (Neatness)

Q8650002B

Universidade de Vigo

9,00

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/31

Unidade de desinfección masiva de máscaras para a súa reutilización polo persoal sanitario (Maskclean)

Q8650002B

Universidade de Vigo

9,00

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/08

Novos fármacos peptídicos con actividade antiviral contra a COVID-19

G15335219

Fundación Profesor Novoa Santos

8,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/14

Targeting Autophagy and Inflammasome as a Novel Biomarkers to Guide Anti-inflammatory Therapy in Patients with COVID-19

G15335219

Fundación Profesor Novoa Santos

8,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/17

Caracterización da resposta humoral e inflamatoria a SARS- CoV-2 mediante microarrays de proteínas

G15335219

Fundación Profesor Novoa Santos

8,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/24

Pacientes con enfermidades autoinmunes reumáticas como modelo humano para estudar COVID19: o estudo CoV- RAD

G15335219

Fundación Profesor Novoa Santos

8,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/13

Evidencias científicas para mellorar a terapia de pacientes con COVID-19 e seguimentos cardiovasculares

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

8,00

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/32

Peixe cebra (Danio Rerio) para comprender e loitar contra COVID-19 (Covize)

Q2818002D

Instituto de Investigaciones Marinas

8,00

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/06

Sewage Epidemiology to Quantify and Predict SARS-CoV-2 Levels in the Population (epidemioloxía en augas residuais para cuantificar e predicir niveis de SARS-CoV-2)

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

7,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/30

Desenvolvemento de affibodies neutralizantes para a infección por COVID-19

Q6550005J

Universidade da Coruña

7,00

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/39

Eficacia de liraglutida no tratamento da pneumonía por SARS-CoV-2

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

7,00

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/12

Análise de patróns xenómicos no virus SARS-CoV-2 e outros coronavirus

Q8650002B

Universidade de Vigo

6,75

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/33

Sínteses de análogos da 3-deazaneplanocina como inhibidores de S-adenosilhomocisteina hidrolasa

Q8650002B

Universidade de Vigo

6,75

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/37

Modelización e monitoraxe dun repunte de COVID-19 con superposición de influencia estacional

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

6,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/25

Cuantificación da carga viral de SARS-CoV-2 por Dropplet Dixital PCR e asociación con marcadores de inflamación en diferentes estadios da infección

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

5,50

Non dispoñer de crédito suficiente

IN845D 2020/07

Reguladores de proteínas accesorias inhibidoras da resposta inmune innata na infección por coronavirus

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

4,00

Non dispoñer de crédito suficiente