Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 161/2020, interposto contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 30 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019, pola que se dá publicidade da lista de persoas aspirantes que resultaron aptas no cuarto exercicio (probas psicotécnicas).

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 161/2020, interposto por Álvaro Grueiro González contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 30 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019, pola que se dá publicidade á lista de persoas aspirantes que resultaron aptas no cuarto exercicio (probas psicotécnicas).

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Presidencia, Xustiza e Turismo