Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47629

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Data da sinatura

Importe total do convenio

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e a Fundación Arume para o desenvolvemento dunha estratexia de diferenciación dos produtos elaborados con madeira de piñeiro de Galicia.

4.5.2020

90.750,00 €