Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 77/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 77/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Evaristo Rodríguez Enjamio contra a empresa Aparcamientos Labacolla, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Acordo: dar por desistido a Juan Evaristo Rodríguez Enjamio da súa demanda, procédase á suspensión da vista sinalada e, unha vez asine esta resolución, arquívense os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos definitivos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación (art. 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A.; e debe indicar no campo do concepto a indicación de recurso seguida do código “31 social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 social-revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución contra a cal recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal a Aparcamientos Labacolla, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza