Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT Entrerríos, no concello da Laracha (expediente IN407A 2019/219-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 18 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/219-1.
Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Denominación da instalación: reforma LMT Entrerríos.
Concello: A Laracha.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data ocupación |
43 |
A Laracha |
Faustino López Vázquez |
5.11.2020 |