Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Alto da Croa II, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (expediente IN661A 2010/4-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 18 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2010/4-1.
Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Alto da Croa II.
Concellos: Dumbría e Vimianzo.
Predios |
Concello |
Titularidade proposta |
Data ocupación |
161 e 162 |
Vimianzo |
Herdeiros de Herminda Suárez Paz |
13.11.2020 |