Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47348

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a rectificación dun erro material detectado na actualización do Plan básico autonómico de Galicia.

Advertido un erro na publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 17 de novembro de 2020, cómpre a corrección oportuna:

No sumario ou índice completo e no que inicia a dita resolución, onde di: «Resolución do 2 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a rectificación dun erro material detectado na actualización do Plan básico autonómico de Galicia», debe dicir: «Resolución do 4 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a rectificación dun erro material detectado na actualización do Plan básico autonómico de Galicia”

No pé de sinatura onde di: «Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020», debe dicir: «Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020».