Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Nutrimentos Deza, S.A. para a explotación porcina de porcas reprodutoras, situada no Croio-Gonzar, concello do Pino (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-79).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado «Proxecto de revisión de autorización ambiental integrada de explotación de porcas nais de Nutrimentos Deza, S.A. no Pino (A Coruña)» para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
(http://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-79.

Número da autorización ambiental integrada: 2006/0410_NAA/IPPC_077.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.c).

Titular: Nutrimentos Deza, S.A.

CIF: A36011385.

Enderezo social: Margaride, s/n, Silleda (Pontevedra).

Localización da instalación: O Croio-Gonzar, concello do Pino (A Coruña).

Actividade principal: explotación porcina de porcas reprodutoras.

Descrición: a explotación ten autorización ambiental integrada para máis de 750 prazas de porcas reprodutoras. A instalación conta con 9 naves, 2 caldeiras de gas propano para abastecer ao sistema de calefacción e un grupo electróxeno. Ademais, dispón dun conxunto de fosas interiores e de 4 fosas exteriores cubertas que garanten o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios son recollidas nunha fosa séptica con filtro biolóxico, antes de ser conducidas á fosa de xurro número 1. As aguas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas nas fosas interiores das ditas naves xunto co xurro producido, para ser xestionadas posteriormente como fertilizante agrícola conxuntamente co dito xurro. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro xerado será valorizado como fertilizante en parcelas de uso agrícola.