Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2020 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de denuncia en materia de dominio público hidráulico de clave DH.D15.72323.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, emprázase por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) a persoa interesada sinalada no anexo, para ser notificada por comparecencia do arquivamento de denuncia ditado polo xefe territorial da Zona Hidrográfica Galicia-Centro.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Tendo en conta o disposto no artigo 46 da citada lei, o acto non se publica na súa integridade, polo que se fai saber á persoa interesada que o texto íntegro do acto que se notifica está ao seu dispor nas dependencias de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16, baixo, en Santiago de Compostela, para o cal debe solicitar previamente cita chamando ao teléfono 981 54 49 33, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

DH.D15.72323

44826855Q

Arquivamento denuncia

Xefe territorial zona Hidrográfica Galicia-Centro