Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2020 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.72451.

A persoa titular da Xefatura da Área de Verteduras de Augas de Galicia ditou requirimento no expediente DH.D15.72451 en materia de verteduras de augas residuais seguido contra a persoa titular do NIF 32792658-V (t.m. Abegondo).

Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ditado á persoa interesada.

Infórmase de que o expediente de denuncia se encontra ao seu dispor nas oficinas da Área de Verteduras de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunícase que en relación co requirimento mencionado cabe presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia