Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47219

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de iniciación do procedemento para o cumprimento das obrigas da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 2020/V001/000084).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a notificación ao resultar infrutuosa a comunicación ao propietario, faise pública a resolución do acordo de iniciación do procedemento para o cumprimento das obrigas da xestión da biomasa vexetal que a Xunta de Goberno Local acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia de que, en caso de incumprimiento desta, e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nº de expediente

Asunto

Propietario

Referencia catastral

2020/V001/000084

Iniciación procedemento xestión biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas

Manuel Fernández Susavila

15033B502050010000PK

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, advírtese de que este se trata dun acto de trámite e, como tal, non procede a interposición de recursos contra el.

Porén, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpor o recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei.

O prazo para interpor, nese caso, recurso potestativo de reposición, ante o alcalde deste concello, será dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 y 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dodro, 12 de novembro de 2020

Francisco Xabier Castro Tourís
Alcalde