Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020, da Área de Planificación e Proxectos, pola que se fai pública a aprobación do expediente de información pública do proxecto de construción de acceso ao parque empresarial de Lebozán (conexión OU-212), de clave OU/19/024.06.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), vistos os informes das administracións afectadas e as alegacións formuladas no trámite de información pública, ditou o 13 de novembro de 2020 a seguinte resolución:

«Resolución pola que se aproba o expediente de información pública do proxecto de construción de acceso ao parque empresarial de Lebozán (conexión OU-212), de clave OU/19/024.06.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A actuación obxecto do proxecto consiste fundamentalmente en executar a conexión da estrada interior de acceso ao parque empresarial de Lebozán (concello de Beariz) coa estrada OU-212, entre os puntos quilométricos (pp.qq.) 1+542 e 1+771, na súa marxe esquerda, coa finalidade de darlle operatividade ao parque.

Esta conexión reflicte a proposta recollida no Plan especial de creación de solo industrial no concello de Beariz, provincia de Ourense, desenvolvendo a solución prevista no informe de sustentabilidade ambiental do citado plan especial.

As actuacións que se recollen no proxecto son as seguintes:

• Deseño dunha intersección que permite todos os movementos con cuñas de aceleración e deceleración, e un carril central de espera para os xiros desde a OU-212 cara ao futuro parque empresarial.

• Realización das correspondentes obras de drenaxe superficial.

• Mellora do firme e renovación da sinalización horizontal e vertical, do balizamento e das defensas.

Segundo. No Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 7 de febreiro de 2020, publicouse o Anuncio do 21 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de acceso ao parque empresarial de Lebozán (conexión OU-212), de clave OU/19/024.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Terceiro. As administracións afectadas emitiron os correspondentes informes e no trámite de información pública non se formularon alegacións.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informes das administracións afectadas, de acordo co Decreto 26/2019, do 7 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Esta competencia atópase delegada na persoa titular da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

Segundo. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someteu a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto e tras os informes e certificados presentados,

RESOLVO:

Aprobar o expediente de información pública de acceso ao parque empresarial de Lebozán (conexión OU-212), de clave OU/19/024.06, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Carlos Lefler Gullón
Xefe da Área de Planificación e Proxectos