Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de auto e decreto de embargo (ETX 99/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 99/2020, ao cal se acumularon as execucións 105/2020, 106/2020, 108/2020, 109/2020, 110/2020, 111/2020 e 136/2020, seguido por instancia de Adriana Camean Loureiro, Ana María Fuentes Pereira, María Dolores Varela Lamas, Beatriz Mourelle Pastoriza, María Cristina Martínez Varela, Lucinda Serrano Tasende, María Rocío Costa Lista e Rocío Raposo Regueira, contra Confecciones Torres Tasende, S.L., sobre reclamación de cantidades recoñecidas en sentenza, se ditaron auto ampliando a execución e decreto de embargo, con data do 5 de novembro de 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Confecciones Torres Tasende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro 2020

A letrada da Administración de xustiza