Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 204/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 204/2020, seguido por instancia de Omar Rico Caaveiro contra Servicio de Seguridad Integral y Mantenimientos A-1, S.L. e Administración Concursal de Servicios de Seguridad Integral y Mantenimientos A-1, S.L., sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidades salariais, se ditou Sentenza número 303/2020, con data do 24 de setembro, estimando a demanda, e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicio de Seguridad Integral y Mantenimientos A-1, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza