Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta Inspección

Nº de expediente

Ref. catastral

Localización

Superficie afectada por execución subsidiaria (m2)

Liquidación provisional

Persoa responsable

19.10.2020

4290/20

36042A100000930000XL

San Vicente - Canedo

1.328,6

116,24 €

Descoñecida

19.10.2020

5787/2020

36042A130016060001MI

Freixa - Bugarín

1.146,5

406,53 €

Descoñecida

36042A130012690000XT

Freixa - Bugarín

1.003

169,40 €

Descoñecida

19.10.2020

6422/2020

36042A022000310000DQ

Moscadeira - Ponteareas

713,2

62,40 €

Descoñecida

20.10.2020

6787/2020

36042A052002860000DJ

Balboa - Angoares

1.927,9

683,60 €

Descoñecida

4.11.2020

7147/2020

36042A111003300000XX

Igrexa - Arcos

116,4

41,27 €

Descoñecida

19.10.2020

7374/2020

36042A1230026400000XP

Freixa - Ribadetea

829,7

140,13 €

Descoñecida

36042A123005820001MH

Freixa - Ribadetea

2.533,6

72,60 €

Descoñecida

19.10.2020

7928/2020

36042A022003150000DG

Mimosas - Ponteareas

4.637.4

405,73 €

Descoñecida

23.10.2020

8187/2020

36042A061000120000DD

Cruceiro - San Mateo

4.068,3

355,94 €

Descoñecida

23.10.2020

8787/2020

36042A061003430000DH

Puzo - San Mateo

108,7

38,54 €

Descoñecida

19.10.2020

8819/2020

36042A103001490000XF

Eiras - Bugarín

472,1

79,73 €

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada comprobouse que na referida parcela incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión de biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do concello, de conformidade co establecido no artigo 21 ter.2 desta lei.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima de sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 euros artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Ponteareas, 9 de novembro de 2020

Xosé Represas Giráldez
Alcalde