Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de incoación de expediente de limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procédese coa publicación do expediente incoado e referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, cuxa notificación aos titulares catastrais resultou infrutuosa, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da resolución do expediente incoado atópase á disposición dos interesados no Concello da Guarda.

Expediente

Referencia catastral

Pol.-Parcela-Lugar

Interesado

1661/2020

36023A024003500000UX

Polígono 24 Parcela 350

Est. da Circunvalación

Herdeiros de Luz Álvarez Rodríguez

O cómputo dos prazos comezará a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado. Os interesados dispoñen de dez (10) días hábiles, contados desde a data indicada, para alegar o que ao seu dereito conveña e incorporar ao expediente administrativo cantos documentos e xustificacións xulguen pertinentes.

A Guarda, 3 de novembro de 2020

Antonio Lomba Baz
Alcalde