Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (sentenza 254/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 254/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Miranda Miranda contra Fermín Group Ibérica, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que estimando integramente a demanda interposta por José Antonio Miranda Miranda, contra Fermín Group Ibérica, S.L., efectúo os pronunciamientos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 6.3.2020, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Fermín Group Ibérica, S.L. a estar e pasar pola devandita declaración, e a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a data de efectiva readmisión a razón de 75,68 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 4.370,80 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2. Debo condenar e condeno a Fermín Group Ibérica, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 809,78 euros brutos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (460,42 euros) devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros previstos no artigo 1.108 do Código civil sobre os conceptos indemnizadores (349,36 euros de liquidación de vacacións) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

3. No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, non hai lugar á súa condena nesta instancia e deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que, fronte a esta, poderán interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diaro Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza