Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 126/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 126/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Ángeles Valiño Ron contra Construcciones Eladio Díaz Campos, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decido que debo estimar e admito a demanda formulada por María Elena Ángeles Valiño Ron contra a empresa Construcciones Eladio Díaz Campos, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de oito mil novecentos dezaoito euros con setenta e nove céntimos de euro (8.918,79 euros) polos conceptos reclamados na presente demanda, importe que se deberá incrementar co xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Notifíquese esta sentenza ao Fogasa para os efectos oportunos, de conformidade co establecido no artigo 33 do ET.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase presentar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, número 2322-0000-65-0126-18, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, comunidade autónoma, entidade local e entidade de dereito público vinculada ou dependente destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0126-18, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro tras o primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado Social número 1 de Lugo e, como “concepto”, o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtese ademais as partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se é o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para os efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado do Social número 1 en función de reforzo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Eladio Díaz Campos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza