Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46900

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2020 (código de procedemento SI452A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2020, a través da Resolución do 28 de xullo de 2020 (DOG núm. 171, do 25 de agosto), axudas para o ano 2020 destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade.

As partidas orzamentarias con cargo ás que se financian estas axudas teñen financiamento con fondos finalistas do Estado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O artigo 7 da Resolución do 28 de xullo de 2020 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indicando que a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que foi publicada o 25 de agosto de 2020.

Así mesmo, no artigo 8, determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro de dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da citada resolución establece, de conformidade co previsto nos artigos 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá á persoa solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigo 45 da citada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos 881 95 77 83 e 981 95 76 89, ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Relación de solicitudes suxeitas a emenda

Número do

expediente

Nome

NIF

Requirimentos

SI452A-2020-

00000002-00

Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b).

Cadro 7. Localización programa: concretar concellos.

Cadro 9. Gastos de persoal: importes exceden límites estipulados no artigo 6.1 Gastos subvencionables.
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Ámbito programa: comprobar a porcentaxe de concellos que están cualificados como ZPP.

SI452A-2020-

00000003-00

Asociación Mujeres en Igualdad Burela

G27441153

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b).

Punto 7. Localización territorial programa: comprobar que os concello sinalados se corresponden cos territorios onde se van desenvolveras actuacións.
Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). 8. Adecuación de recursos humanos: valoración do persoal contratado. Comprobar situacións de vulnerabilidade das persoas traballadoras da entidade.
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Ámbito territorial: falta indicar o nº de provincias. Comprobar a porcentaxe de concellos que están cualificados como ZPP.

SI452A-2020-

00000004-00

Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo

G36928646

Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Non figura na declaración doutras axudas concedidas ou solicitadas a axuda recollida no anexo II.

Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Ámbito territorial: figuran actuacións en catro provincias (comprobar que é correcto)
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Ámbito territorial: figuran 4 provincias, o que contradí o anexo II no que figura que as actuacións se desenvolverán no concello de Vigo (Pontevedra)

SI452A-2020-

00000005-00

Agrupación de entidades rurais Terra e Xente

G32122376

Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Non figura na declaración doutras axudas concedidas ou solicitadas unha que si figura no anexo II.
Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Persoa destinatarias: indicar número persoas beneficiarias.

SI452A-2020-

00000006-00

Fundación

Secretariado Gitano

G83117374

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Cadro 9. Comprobar que os importes das tres persoas do grupo II non superan o límite estipulado no artigo 6.1.1º. Punto 13. Figura unha colaboración co Servizo Galego da Igualdade (comprobar).
Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art. 4.1.c).

SI452A-2020-

00000007-00

Adicam

G36380301

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Cadro 8: sen cubrir. Total Importe solicitado ten que coincidir co indicado no anexo I; no anexo IV figura marcado «cofinanciamento da propia entidade» non coherente. Importe de gastos de persoal ten que coincidir co total do cadro 9. Cadro 9: figura un importe total superior ao do anexo I (importe solicitado).

SI452A-2020-

00000009-00

Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down

G36697324

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Cadro 8 e cadro 9. Non coinciden os datos de gastos de persoal. Cadro 9. Comprobar que non se superan os límites estipulados (art.6.1.c) 1º) .

SI452A-2020-

00000011-00

Fundación Ronsel

G15752660

Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Falta indicación do programa para o cal se solicita a subvención e importe solicitado.

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 7. Localización territorial programa: comprobar que os concello sinalados se corresponden cos territorios onde se van desenvolver as actuacións. Cadro 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar que o nº de horas semanais que figura na solicitude é correcto e comprobar que se axusta ao artigo 6.1.c).1º.
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º. Ámbito temporal: especificar un programa por ano.

SI452A-2020-

00000012-00

Asociación de Mulleres para a Igualdade e a Visibilidade Lésbica

G70563143

Anexo I. solicitude (art. 7.1). Importe solicitado non coincide co dato do cadro 8 do anexo II.
Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). 7. Localización territorial do programa: nº de persoas beneficiarias. Cadro 8. Orzamento do programa: Importe solicitado non coincide co anexo I. Importe de «Axudas de custo e gastos viaxe» excede o límite do 3 % do artigo 6 3. Cadro 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: non coincide co cadro 8. Comprobar que non se exceden os límites (art. 6.1.c) 1º). 11. Medios técnicos: sen cubrir.

Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). 8º. Adecuación recursos humanos: sen cubrir. Plans de igualdade: sen cubrir.
Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

SI452A-2020-

00000013-00

Asociación Española contra el Cáncer

G28197564

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). 7. Punto 7. Localización territorial programa: comprobar que os concello sinalados se corresponden cos territorios onde se van desenvolver as actuacións. Cadro 9: datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar que non se exceden os límites (art. 6.1.c).1º).
Anexo IV. documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º. Ámbito temporal: indicar as anualidades.

SI452A-2020-

00000014-00

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Cadro 9: datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar que non se excede o límite (art. 6.1.c).1º).

Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c) . 1º Implantación: ambito territorial: comprobar datos.

SI452A-2020-

00000015-00

Fundación Acción contra el Hambre

G81164105

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Cadro 9: comprobar que non se exceden os límites (art. 6.1.c).1º).
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Ámbito do programa: ambito territorial: non coincide o dato co indicado en anexo II.

SI452A-2020-

00000017-00

Asociación de Acc. social, educación permanente y de servicios a la juventud y a la mujer Tempus

G15681000

Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Solicitude (art. 7.1). Declaración doutras axudas: non figura importe indicado no orzamento do anexo II.

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Cadro 8: importe «Axudas de custo e gastos de viaxe» excede o límite (art. 6.1.c) 4º). Figura un importe doutras entidades que non está en anexo I. Cadro 9: importes exceden límite (art. 6.1.c) 1º). 11. Medios técnicos: sen cubrir. 12. Descrición, se é o caso, da colaboración doutras entidades públicas: non coherente co anexo I nin co cadro 8.

Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Documento non válido.

SI452A-2020-

00000018-00

Accem

G79963237

Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Importe programa formato erróneo.

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b) . Criterios para a selección das persoas beneficiarias: sen cubrir.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Punto 2º: ambito do programa (territorial): comprobar porcentaxe de concellos nos que se vai desenvolver o programa ZPP.

SI452A-2020-

00000019-00

Xeracción S. Coop. galega

F32479040

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar que os importes non excedan os límites (art. 6.1.c) 1º) e nº de persoas traballadoras. Faltan importes SS.
Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade. (art. 8.1.c). Sen asinar.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d).Sen asinar. Ámbito territorial: corrixir porcentaxe de concellos cualificados como ZPP nos que se programan as actuacións (non coherente coa localización do programa indicada no anexo II).

Acreditar que a entidade carece de ánimo de lucro (art. 4.1.b).

SI452A-2020-

00000020-00

Red española de entidades por el empleo Red Araña

G58579806

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art. 4.1.c).

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: revisar/comprobar que os importes se corresponden con 3 persoas profesionais do grupo I.

SI452A-2020-

00000021-00

Fundación Amigó

G81454969

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. (art. 4.1.c).
Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Importe solicitado (hai 3 importes diferentes, polo que haberá que precisar exactamente cal é o correcto).

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamento do programa: comprobar importe solicitado. Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar/corrixir datos de número e horas e precisar en detalle á parte cal é o persoal que se financiará con cargo a esta resolución.

SI452A-2020-

00000022-00

Aliad Ultreia

G27021120

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar que o importe da psicóloga non excede límite (art. 6.1.c)1º).

SI452A-2020-

00000023-00

Fundación Anar

G80453731

Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Declaración doutras axudas: xustificar a compatibilidade (art. 3. 1).

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 5. Actuacións do programa e 7. Localización territorial del programa: corrixir nº de persoas beneficiarias. Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar nº de persoas profesionais e nº de horas.
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º. Ámbito do programa: ámbito territorial: xustificar 4 provincias e porcentaxe de concellos ZPP.

Estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e). Artigo 4: acreditar que da súa actuación xeral se desprende que ten entre os seus obxectivos contribuír á promoción da igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social e atender ás mulleres en situación de vulnerabilidade.

SI452A-2020-

00000024-00

Radio ECCA Fundación Canaria

G35103431

Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). 8º. Adecuación de recursos humanos: valoración dos recursos humanos da entidade no ámbito da comunidade autónoma de Galicia: nº de persoas empregadas maiores de 45 años contratadas nos dous últimos anos: comprobar
estatutos da entidade debidamente legalizados (art. 8.1.e).

SI452A-2020-

00000025-00

Diaconia

R2802129c

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: comprobar que non excede o límite (art.6.1.c) 1º) e a profesional «coordinadora» ten que xustificarse e especificar o grupo de cotización.

SI452A-2020-

00000026-00

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamento do programa: importe axudas de custo e gastos viaxe supera o límite (art. 6.1.c) 1º).

Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). 8º. Adecuación de recursos humanos: valoración dos recursos humanos da entidade no ámbito da comunidade autónoma de Galicia: comprobar datos persoas traballadoras da entidade.
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d) 2º. Ámbito do programa: xustificar programas 2019 e 2020.

SI452A-2020-

00000027-00

Ong Mestura

G15940414

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 7. Localización territorial del programa: Comprobar que os concello sinalados se corresponden cos territorios onde se van desenvolver as actuacións.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º Ámbito territorial do programa: para a comprobación da porcentaxe de concellos que están cualificados como ZPP precísase detalle de concellos de anexo II punto 7.

SI452A-2020-

00000028-00

Asociación Punto Delas-Secretaría das mulleres

G70370119

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 3. Principal colectivo destinatario das actuacións do programa e número total de persoas beneficiarias directas e 7. Localización territorial del programa: precisar o nº estimado de mulleres beneficiarias.

SI452A-2020-

00000029-00

Federación EFA Galicia

G15299357

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 3. Principal colectivo destinatario das actuacións do programa e número total de persoas beneficiarias directas e 7. Localización territorial del programa: precisar o nº estimado de mulleres beneficiarias.
Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). 8º. Adecuación de recursos humanos: valoración dos recursos humanos da entidade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: sen cubrir.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º Ámbito territorial do programa: sen cubrir.

SI452A-2020-

00000030-00

Asociación

Diversidades

G27783950

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamento do programa: figura un importe doutras subvencións e sen embargo non figura en anexo I, Declaración axudas. Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: non coincide co cadro 8 e comprobar que non se excede o límite (pedagoga/educadora social) (art. 6.1.c) 1º).

SI452A-2020-

00000031-00

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-(Cogami).

G32115941

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 7. Localización territorial del programa: lndicar todos os concellos nos que se desenvolverán as actuacións. Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: non coincide co cadro 8 e nº de horas ten que corresponder con cada profesional.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Ámbito territorial do programa: para comprobación da porcentaxe de concellos que están cualificados como ZPP precísase detalle de concellos de anexo II punto 7.

SI452A-2020-

00000032-00

Caritas Diocesana de Lugo

R2701016d

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importes do equipo coa categoría «técnico medio» superan o límite (art. 6.1.c) 1º).

SI452A-2020-

00000035-00

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 7. Localización territorial do programa: comprobar referencia a todos os concellos das áreas comarcais sinaladas. Punto 8. Orzamento do programa: aclarar gastos contidos en «servizos profesionais independentes». Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: Importes superan o límite (art. 6.1.c) 1º).

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º Ámbito territorial do programa: comprobar nº de provincias e a porcentaxe dos que son ZPP, de acordo co punto 7 do anexo II. 3º. Cofinanciamento do programa: figura marcado que o programa conta con outras fontes de financiamento público e/ou privado (corrixir, non se corresponde co orzamento do programa).

SI452A-2020-

00000036-00

Asociación mulleres progresistas

G36657336

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b) Punto 5. Actuacións do programa e 7. Localización territorial del programa: indicar nº de persoas beneficiarias. Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: indicar número de profesionais e nº de horas semanais. Xustificar e especificar grupo de cotización da persoa coordinadora.
Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Sen cubrir 4º. Auditoría externa.

SI452A-2020-

00000037-00

Asociación Labregas

G15945686

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 5. Actuacións do programa e 7. Localización territorial del programa: indicar nº de persoas beneficiarias. Punto 8. Orzamento do programa: Gastos de axudas de custo superiores ao 3 % do orzamento (artigo 6.3º).

SI452A-2020-

00000038-00

Asociación deportiva cultural Capoeira Angola

G70238746

Acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a)

SI452A-2020-

00000039-00

Apetamcor

G32026056

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importe das 4 persoas do grupo I orientación laboral exceden do límite (art. 6.1.c) 1º).

SI452A-2020-

00000041-00

Cáritas Diocesana de Santiago (Agrupación C. D. Santiago e C.D. Ourense)

R1500053b

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importes varias profesionais grupo II exceden límite (art. 6.1.c) 1º).

SI452A-2020-

00000042-00

Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia

G27820182

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: Importes varias profesionais exceden límite (art. 6.1.c) 1º).

Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). 8º. Adecuación de recursos humanos: valoración do persoal contratado pola entidade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (sen cubrir).

SI452A-2020-

00000043-00

Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible

G36984367

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b).Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importe total non coincide co punto 8. Orzamento do programa. É preciso indicar categoría profesional e nº de horas de cada. Comprobar que os importes non excedan límite (art. 6.1.c) 1º). Figura 1 posto de administración, que tería que estar no ítem do cadro 8 (xestión e administración).

SI452A-2020-

00000045-00

Ardai Educación y Terapia

G32456097

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamento do programa: Gastos de axudas de custo superiores ao 3 % do orzamento (artigo 6.3º). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importes excedan límite (art. 6.1.c) 1º).

SI452A-2020-

00000046-00

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º Ámbito territorial do programa: non está cuberto o nº de provincias. 3º. Cofinanciamento do programa: Figura marcado que o programa conta con outras fontes de financiamento público e/ou privado (corrixir, non se corresponde co orzamento do programa).

SI452A-2020-

00000047-00

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importe «docente informática (A Coruña) excede límite (art. 6.1.c) 1º).
Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). 8º. Adecuación de recursos humanos: valoración dos recursos humanos da entidade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: comprobación datos das persoas empregadas maiores de 45 anos contratadas nos dous últimos anos.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Punto 2º: ambito do programa (temporal): figuran varios programas do mesmo ano.

SI452A-2020-

00000048-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b) .7. Localización territorial del programa: indicar concellos nos que se desenvolverá o programa.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). 2º Ámbito territorial do programa: non é posible validar este punto ata ter a indicación exacta dos concellos nos que se vai desenvolver o programa (punto 7 do anexo II).
Documentación acreditativa de la representación (art. 8.1.a).

SI452A-2020-

00000049-00

Cruz Roja Española

Q2866001G

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importe «T. medio» excede límite (art. 6.1.c) 1º).

SI452A-2020-

00000051-00

Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR)

G32198970

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamento do programa: gastos de axudas de custo superiores ao 3 % do orzamento (artigo 6.3º).

SI452A-2020-

00000052-00

Ecos do Sur

G15354483

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamento do programa: importe gastos de persoal non coincide co punto 9. Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: Importe «4 técnicas de itinerario» excede límite (art. 6.1.c) 1º).

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Punto 2º. Ámbito do programa (temporal): figuran varios programas do mesmo ano. 3º. Cofinanciamento do programa: figura marcado que o programa conta con outras fontes de financiamento público e/ou privado (corrixir, non se corresponde co orzamento do programa).

SI452A-2020-

00000055-00

Asdegal (Acción solidaria de Galicia)

G27727593

Anexo I. Solicitude (art. 7.1). Importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 orzamento do programa do anexo II.

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamentodo programa: Importe solicitado debe coincidir co anexo I. Figura un importe de financiamento doutras subvencións e sen embargo non está no anexo I no punto Declaración doutras axudas concedidas ou solicitadas.

SI452A-2020-

00000056-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 5. Actuacións do programa e 7. Localización territorial del programa: indicar nº de persoas beneficiarias. Punto 8. Orzamento do programa: figuran en gastos correntes «terapeutas e profesionais psicoloxía e resolución de conflitos: xustificar e/ou corrixir e pasar a gastos de persoal. Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importes das 2 profesionais exceden límite (art. 6.1.c) 1º) e coinciden cos datos que figuran en cadro 8. (duplicidade de gasto).
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Comprobar que os programas que figuran en apartado 2º. Ámbito temporal do programa, están financiados no marco das axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. Ámbito territorial: corrixir os 2 datos que figuran, xa que non son coherentes coa localización do programa indicada no anexo II.

SI452A-2020-

00000057-00

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboracion al Desarrollo

G70464334

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamentodo programa: Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importes de 3 profesionais exceden límite (art. 6.1.c) 1º), así mesmo terase que xustificar o importe da profesional do grupo I de coordinación, xa que os gastos de persoal se refiren a actuacións directas coas persoas beneficiarias e non se corresponden co período temporal do resto do equipo.
Anexo III. Documento específico para a valoración da entidade (art. 8.1.c). Comprobar apartados non cubertos.
Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Comprobar apartados non cubertos.

SI452A-2020-

00000058-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Acreditar domicilio social ou delegación na C.A. Galicia (art. 4.1.c).

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: Importes das persoas profesionais exceden límite (art. 6.1.c) 1º).
Documentación acreditativa da representación (art. 8.1.a).

SI452A-2020-

00000059-00

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Comprobar que os programas que figuran en apartado 2º. Ámbito temporal do programa, están financiados no marco das axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. Ámbito territorial: corrixir o dato que figura da porcentaxe de concellos que están cualificados como ZPP ( non coherentes coa localización do programa indicada no anexo II).

SI452A-2020-

00000060-00

Médicos del Mundo

G79408852

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 9. Datos globais do equipo que realizará o programa e perfil profesional: importes das persoas profesionais exceden límite (art. 6.1.c) 1º).

SI452A-2020-

00000061-00

Asociación Mulleres Rurais de Galicia

G70453584

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Sen cubrir.

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Apartados sen cubrir.

SI452A-2020-

00000062-00

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

G15068091

Anexo II. Memoria explicativa do programa (art. 8.1.b). Punto 8. Orzamento do programa: gastos de axudas de custo superiores ao 3 % do orzamento (artigo 6.3º). Figura un importe doutras subvencións e sen embargo non está no anexo I no punto de axudas doutras institucións.

SI452A-2020-

00000063-00

Asociación Amicos

G15747678

Anexo IV. Documento específico para a valoración do programa (art. 8.1.d). Comprobar que os programas que figuran no punto 2º. Ámbito temporal do programa, están financiados no marco das axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. Ámbito territorial: corrixir o dato que figura da porcentaxe de concellos que están cualificados como ZPP (non son coherentes coa localización do programa indicada no anexo II).