Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2020/039-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, en Ourense o día 20.4.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: adecuación LMT SAG702, CT Froxais e RBT.

Situación: Viana do Bolo (Ourense).

Orzamento: 56.520,65 €.

Características técnicas:

– Reforma LMT SAG702 en condutor tipo LA-56 mm² Al, de 139 m de lonxitude entre o apoio nº 29-34 (1) celosía metálica existente da LMT SAG702 A Gudiña-Penouta e final no apoio nº 29-27 (8) celosía metálica existente da LMT SAG702 A Gudiña-Penouta; e de 10 m entre o apoio nº 28N (7) FL C 18/2000-H35-CA(CS) e final no centro de transformación (CT) intemperie proxectado.

– CT Froxais (32CE12) intemperie para instalar sobre o apoio nº 1, con illamento en aceite mineral, de 50 kVA de potencia aparente e R/T 20.000/400 V; situación: UTM X: 661.043; Y: 4.671.272.

– Reforma da RBT aéreo-subterránea do CT Froxais de 9 m en aéreo e 401 en subterráneo, en condutores tipo RZ 3×150 mm² Al e XZ1 4×240 mm² Al respectivamente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis (6) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 5 de novembro de 2020

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigo 62.3 e 63.1)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.