Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (6/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 6/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Martínez Seijo contra Monsial, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a resolución en cuxo fallo consta:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda formulada por Jesús Manuel Martínez Seijo contra empresa Monsial, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Monsial, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de oito mil catrocentos vinte e nove euros con dezasete céntimos de euro (8.429,17 euros), producindo os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Expídoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que no día da data é entregada polo maxistrado xuíz deste xulgado a sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida pola Constitución e as leis».

E para que sirva de notificación en legal forma a Monsial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza