Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 22/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETJ 22/20 deste xulgado se ditaron auto do 4.11.2020 e dilixencia de ordenación do 4.11.2020, contra os cales se poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións, así como da demanda executiva na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Shoes, S.L.U, Boiro Shoes, S.L., Ourense Shoes, S.L., Silleda Shoes, S.L., Carballiño Shoes, S.L., Milladoiro Shoes, S.L., Lalín Shoes, S.L., A Estrada Shoes, S.L., Cosas de Moda, S.L. e Pequena Shoes, S.L., expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtense os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza