Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 22/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Vanesa Ces Ares contra Santiago Shoes, S.L.U.; Boiro Shoes, S.L.; Ourense Shoes, S.L.; Silleda Shoes, S.L.; Carballiño Shoes, S.L.; Milladoiro Shoes, S.L.; Lalín Shoes, S.L.; A Estrada Shoes, S.L.; Cousas de Moda, S.L.; Pequena Shoes, S.L. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de execución de títulos xudiciais 22/2020, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Santiago Shoes, S.L.U.; Boiro Shoes, S.L.; Ourense Shoes, S.L.; Silleda Shoes, S.L.; Carballiño Shoes, S.L.; Milladoiro Shoes, S.L.; Lalín Shoes, S.L.; A Estrada Shoes, S.L.; Cousas de Moda, S.L. e Pequena Shoes, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que comparezan o día 9.12.2020, ás 10.15 horas, na planta baixa, sala 3 do edificio da rúa Berlín, para a comparecencia. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtense os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Boiro Shoes, S.L.; Ourense Shoes, S.L.; Silleda Shoes, S.L.; Carballiño Shoes, S.L.; Milladoiro Shoes, S.L.; Lalín Shoes, S.L.; Santiago Shoes, S.L.U.; A Estrada Shoes, S.L.; Cousas de Moda, S.L. e Pequena Shoes, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza