Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 13 de novembro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores OU-S-32/2020 e dous máis por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador OU-S-32/2020 e dous máis, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido practicar.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Manuel Ledo Quintas. Os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador, en materia de turismo, correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar, ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretendan valerse, advertíndolles que, de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, infórmase as persoas imputadas de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente e calquera momento anterior a resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Ourense, 13 de novembro de 2020

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-32/2020.

Titular sancionado: Corona María Dorribo Novoa.

Establecemento: ZT-1371.

Domicilio: avda. de Celanova, 96-98, A Valenzá.

Localidade: Barbadás.

Incoación: 4 de setembro de 2020.

Preceptos infrinxidos: artigo 109.3) e 110.19) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.900,00 euros.

Importe da multa coa redución do 20 % de desconto: 3.120,00 euros.

Importe da multa coa redución do 40 % de desconto: 2.340,00 euros.

Expediente: OU-S-33/2020.

Titular sancionado: Corona María Dorribo Novoa.

Establecemento: ZT-1371.

Domicilio: avda. de Celanova, 96-98, A Valenzá.

Localidade: Barbadás.

Incoación: 4 de setembro de 2020.

Preceptos infrinxidos: artigo 109.3) e 110.19) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.901,00 euros.

Importe da multa coa redución do 20 % de desconto: 3.120,80 euros.

Importe da multa coa redución do 40 % de desconto: 2.340,60 euros.

Expediente: OU-S-35/2020.

Titular sancionado: Daniel Barbosa Conde.

Establecemento:

Domicilio: travesía de Vigo, 29, 1º.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Incoación: 4 de setembro de 2020.

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.601,00 euros.

Importe da multa coa redución do 20 % de desconto: 3.120,80 euros.

Importe da multa coa redución do 40 % de desconto: 2.340,60 euros.