Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 468/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 468/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Cartemil Fernández contra Manuel Rey, S.A., Betanzos, Cormosa-Coruñesa Motor, S.A., Mutua Fraternidad Muprespa, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Tesouraría Xeral da Seguridade Social A Coruña, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por David Cartemil Fernández, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidad Muprespa, e Ibermutua, Mutuas de Accidentes de Traballo, e as entidades Manuel Rey, S.A. Betanzos, e Cormosa, Coruñesa Motor, S.A. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra a mesma articuladas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra a mesma recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, no día da data, celebrando audiencia pública e na miña presenza, letrada da Administración de xustiza, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma A Cormosa-Coruñesa Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza