Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (466/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 466/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Conchado Domínguez contra Pompas Fúnebres del Noroeste, S.A., Gundín Gestión, S.L., Caramanchon, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Fondo de Garantía Salarial, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Inmobiliaria Gunfa, S.A. e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

Desestímase a demanda formulada por Dolores Conchado Domínguez fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Pompas Fúnebres del Noroeste, S.A., Caramanchon, S.L., Inmobiliaria Gunfa, S.A. e Gundín Gestión, S.L., Mutua Gallega, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e estímase a excepción de inadecuación de procedemento oposta por Pompas Fúnebres del Noroeste, S.A., Caramanchon, S.L. e Inmobiliaria Gunfa, S.A., non procedendo realizar as declaracións pretendidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Expídoa eu, letrada da Administración de xustiza para facer contar que no día da data o maxistrado xuíz deste xulgado entrega a sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida pola Constitución e as leis.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gundín Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza