Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46456

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020 as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código do procedemento IN501A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto 1.b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLVE:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020 as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código do procedemento IN501A), que figuran no anexo.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2020 con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00005, dotada con 500.000,00 €.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Axudas concedidas

Expediente

Nome

Baremo

Subvencionable

(solicitante)

Subvencionable

(expediente)

IN501A-2020-015

Asociación Provincial de Empresarios de 1ª Transformación da Madeira de Lugo

220 ptos

80.000,00 €

80.000,00 €

IN501A-2020-014

Asociacion Agraria de Galicia

180 ptos

12.648,00 €

48.278,00 €

Asaja (Asociación Agraria Jóvenes Agricultores)

35.630,00 €

IN501A-2020-005

AFG (Asociación Forestal de Galicia)

145 ptos

28.237,17 €

28.237,17 €

IN501A-2020-007

Asociacion para Promover el Uso Racional de los Productos y Servicios del Monte

125 ptos

40.317,74 €

40.317,74 €

IN501A-2020-008

Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

80 ptos

39.271,58 €

39.271,58 €

IN501A-2020-002

Asefoga (Asociación Sectorial Forestal Galega)

75 ptos

23.580,00 €

26.280,00 €

Odega (Asociación de Desenvolvemento Rural)

2.700,00 €