Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46453

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020 pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis) a xestión da formación en xestión e uso de gases medicinais, derivada da contratación centralizada de gases medicinais MI-SER1-16-021.

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 10 de novembro de 2020, do Servizo Galego de Saúde, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación en xestión e uso de gases medicinais, derivada da contratación centralizada de gases medicinais MI-SER1-16-021.

– Actividade:

En virtude desta encomenda, a Axencia asumirá:

a) A xestión da asistencia do alumnado proposto para cada actividade formativa.

Estas actividades formativas deben estar enmarcadas dentro da formación referida ao uso dos gases medicinais e das súas instalacións.

b) A programación, planificación e xestión das actividades formativas propostas polo Servizo Galego de Saúde, dentro dos límites orzamentarios establecidos.

c) A elaboración de vídeos titoriais sobre as infraestruturas hospitalarias para a subministración de gases medicinais, o manexo de equipamentos de dispensación e as medidas de seguridade que se van aplicar.

A xestión das actividades formativas por parte de Acis incluirá a xestión da acreditación dos cursos dirixidos aos profesionais sanitarios, a xestión das inscricións dos destinatarios, a planificación, programación, disposición e/ou contratación dos recursos formativos, humanos e materiais para a realización das actividades, a supervisión da execución dos cursos, a avaliación da satisfacción dos asistentes e da calidade da formación, a expedición de certificados de asistencia e de avaliación, a xestión económica das actividades formativas e a información sobre as actividades encomendadas para o seu control e verificación.

A Acis, no desenvolvemento da actividade encomendada, seguirá as directrices e instrucións da Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde, á cal lle corresponden os poderes de verificación e control da encomenda. O Servizo de Coordinación de Servizos Xerais da Subdirección Xeral de Compras e Servizos (Dirección Xeral de Recursos Económicos), como servizo promotor e responsable da execución dos contratos centralizados de gases medicinais do Servicio Galego de Saúde, verificará e controlará esta encomenda.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encargo a medio propio, de acordo co disposto no artigo 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio está recollida no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: esta encomenda producirá efectos a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase ata que se executen de conformidade e na súa totalidade as actividades encomendadas.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2020

Julio García Comesaña
Presidente do Servizo Galego de Saúde

ANEXO

Anexo en que se detallan o programa de formación, as datas previstas e os distintos colectivos implicados na xestión e mantemento da subministración de gases medicinais nos centros do Servizo Galego de Saúde, así como o importe económico asignado a cada un deles

Denominación da acción formativa

Persoal a que
vai dirixido

Data prevista

Nº de horas

Nº de edicións

Importe

(euros)

Manexo dos gases medicinais no ámbito hospitalario.

Persoal sanitario

Feb.-mar. 2021

8

7

6.000

Manexo dos gases medicinais en atención primaria.

Persoal sanitario

Feb.-mar. 2021

8

7

6.000

Aplicacións dos gases medicinais no ámbito clínico.

Persoal sanitario

Feb.-mar. 2021

4

1

600

Manexo dos gases medicinais en atención primaria.

Persoal non sanitario

Feb.-mar. 2021

4

7

3.000

Manexo de Revit aplicado a instalacións de gases medicinais. Iniciación.

Persoal non sanitario

Feb.-mar. 2021

40

1

12.000

Manexo de Revit aplicado a instalacións de gases medicinais. Avanzado.

Persoal non sanitario

Feb.-mar. 2021

40

2

24.000

A xestión dos gases medicinais a través das aplicacións informáticas.

Persoal non sanitario

Nov. 2020

4

1

600

Xestión e control a través do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 1.

Persoal non sanitario

Nov.-dec. 2020

4

1

2.000

Xestión e control a traves do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 2.

Persoal non sanitario

Nov.-dec. 2020

4

1

2.000

Xestión e control a través do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 3.

Persoal non sanitario

Nov.-dec. 2020

4

1

2.000

Xestión e control a través do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 4.

Persoal non sanitario

Nov.-dec. 2020

4

1

2.000

Xestión e control a través do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 5.

Persoal non sanitario

Feb.-mar. 2021

4

1

2.000

Xestión e control a través do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 6.

Persoal non sanitario

Feb.-mar. 2021

4

1

2.000

Xestión e control a través do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 7.

Persoal non sanitario

Feb.-mar. 2021

4

1

2.000

Xestión e control a través do XMAO do mantemento e instalacións de gases medicinais. Módulo 8.

Persoal non sanitario

Feb.-mar. 2021

4

1

2.000

Micropílulas formativas en formato multimedia co obxectivo: «presentación dos centros sanitarios como lugar seguro e eficaz na atención do paciente con fraxilidade respiratoria. Influencia dos gases medicinais».

Persoal sanitario e non sanitario

Abr. 2021

------

1

26.120,77

Totais

94.320,77 €