Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle de axuste de rasantes de implantación no cuarteirón R-8 do Plan parcial SUP 3-R (expediente FG número 643).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de outubro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle de axuste de rasantes de implantación no cuarteirón R-8 do Plan parcial SUP 3-R (documento R.E. nº 2020011743, do 8.9.2020).

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org.

Oleiros, 3 de novembro de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente