Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO de información pública do Convenio de xestión para o financiamento das obras de reforzo e extensión da rede de distribución de enerxía eléctrica da Xunta de Compensación do Plan de sectorización de Montesalgueiro sector M-3.

O Concello de Aranga, na sesión do 28 de outubro de 2020, acordou admitir a trámite o Convenio de xestión para o financiamento das obras de reforzo e extensión da rede de distribución de enerxía eléctrica, proposto pola Xunta de Compensación do Plan de sectorización de Montesalgueiro Sector M-3.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 83 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias desta Administración e formularse cantas alegacións, suxestións ou observacións se consideren convenientes.

Aranga, 29 de outubro de 2020

Alberto Platas Álvarez
Alcalde