Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (procedemento ordinario 281/2020).

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 281/2020 (procedemento ordinario) de Sofía Puga Rodríguez, María Paredes Cornide e María José Pernas Losada contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra as resolucións do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías: cociñeiro/a; pinche; diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional (DOG núm. 245, do 26 de decembro).

Impúgnase o número 2.c) do anexo IV (baremo): puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado tribunal, no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2020

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos