Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 290/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 290/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Comba Raposo contra Amilaxa Servicios Generales, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Decido estimar parcialmente a demanda formulada por Ricardo Comba Raposo e condenar Amilaxa Servicios Generales, S.L. a pagar á demandante a cantidade de 2.690,37 euros, que se incrementará cos xuros do 10 %.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que é firme e non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza