Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46354

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 472/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 472/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis González Portela contra Gasóleos Miño, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución o 23.10.2020 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gasóleos Miño, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza