Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Feás, nos concellos de Aranga e Coirós (expediente IN408A 2019/09).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 39 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante/promotor: Galenergy, S.L.-NIF B27504737.

Domicilio social: avenida de Compostela, 11, 27200 Palas de Rei (Lugo).

Denominación do proxecto: parque eólico Feás.

Concellos afectados: Aranga e Coirós (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 40 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 8×5,00 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta: 124.725 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 40.534.594,96 €.

Localización (área de afección):

– Parque eólico Feás (Aranga e Coirós):

Vértice poligonal

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

a

573.600

4.787.800

b

576.300

4.786.200

c

576.300

4.785.000

d

572.400

4.785.000

e

572.400

4.786.000

– Parque eólico Feás (Aranga e Coirós):

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

A01

573.801,7

4.787.084,4

Coirós

A02

574.140,2

4.786.837,1

Aranga

A03

574.439,2

4.786.571,5

Aranga

A04

574.847,5

4.786.448,5

Aranga

A05

575.395,8

4.786.061,6

Aranga

A06

575.750,0

4.785.862,3

Aranga

A07

573.076,7

4.786.047,7

Coirós

A08

573.444,0

4.785.897,0

Coirós

– Parque eólico Feás (Coirós):

Torre meteorolóxica

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

574.417,0

4.786.148,0

– Parque eólico Feás (Aranga):

Subestación

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

574.546,5

4.786.352,5

Características técnicas das instalacións:

– 8 aeroxeradores de 5 MW de potencia unitaria, con velocidade variable e paso variable, altura ata a buxa de 127,5 m e un diámetro de rotor de 145 m.

– 8 centros de transformación montados en góndola de potencia unitaria de 5.300 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, e coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque, de 30/220 kV, proxectada, composta por 2 circuítos con condutores tipo HEPRZ1 Al 18/30 kV de diversas seccións.

– Rede de terras xeral de modo que as instalacións electromecánicas e a subestación do parque eólico forman un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores será con condutor de Cu-50 mm², a do centro de control con Cu-95 mm² e a SET con Cu-120 mm².

– Subestación con transformador de potencia intemperie, trifásico, en baño de aceite, de potencia 40/45 MVA ONAN/ONAF, relación de transformación 220/30 kV, distribuído da seguinte forma:

• Parque de 220 kV en intemperie con dúas posicións de liña e unha posición de transformador.

• Parque de 30 kV cunha posición de transformador e celas en interior do edificio coa seguinte configuración: unha posición de transformador, 2 posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores, unha posición de transformador de servizos auxiliares.

– No edificio tamén se situará o centro de control, xunto coas comunicacións, proteccións e un transformador de servizos auxiliares de tipo seco de 100 kVA e relación de transformación 30/0,4 kV.

– A liña de saída da subestación de Feás está previsto que verta a enerxía xerada nunha posición de 220 kV na SET de Abegondo (en planificación de REE), logo de realizar entrada e saída na subestación de Seselle (en tramitación no expediente IN408A 2020/010). Todas estas instalacións non son obxecto deste proxecto.

– 1 torre meteorolóxica de medición de 127,5 metros.

Obxecto da información pública:

A autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (decembro 2019-visado o 25.3.2020).

1.1. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA-Dec. 2019-asin. 24.8.2020), que figura no anexo a este acordo.

1.2. Planos individuais dos predios afectados (RBDA-Dec. 2019-asin. 24.8.2020).

2. O estudo de impacto ambiental refundido (EIA) (asin. 18.8.2020).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (marzo 2020-visado o 25.3.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23), así como nos concellos de Aranga e Coirós (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico-feas

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 2 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira. Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Feás (IN408A 2019/09) nos concellos de Aranga e
Coirós (A Coruña)

Predio

Titular(es)

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Nº aero

Afeccións (m²)

Pleno dominio

Serv. paso

Serv.

voo

Ocup.

temp

Serv. forestal

Pol.

Par.

Cim.

Plat.

Sub.

T. met.

Vieiro

Gabia

– Concello de Aranga

2

Descoñecido

6

2

Avieira

Eucaliptus

1

 

1.273,3

 

 

959,1

306,2

7.492,9

2.979,5

 

5

González Álvarez Jesús Sergio

6

294

Abeleira

Piñeiral madeirable

 

 

 

 

 

1.218,0

368,7

 

 

 

6

González Álvarez Mª Andrea

6

295

Abeleira

Piñeiral madeirable

 

 

 

 

 

1.154,8

351,7

 

 

 

7

Vázquez Souto Genaro

6

3

Abeleira

Piñeiral madeirable

 

 

 

 

 

75,7

10,4

 

 

 

8

Peteiro Platas Pedro

6

117

Avieira

Matogueira

2

 

 

 

 

1.071,9

343,3

3.374,7

467,3

 

9

MVMC Marina Calzada, Agre

6

118

Marina Calzada

Eucaliptus

2

359,7

1.861,9

 

 

9.319,7

2.611,3

1.9154,4

1.931.3

 

10

MVMC Marina Calzada, Agre

6

120

Marina Calzada

Eucaliptus

4

359,7

2.619,5

 

 

8.337,7

1.283,7

1.5258,6

937,7

 

11

MVMC Marina Calzada, Agre

6

245

Marina Calzada

Pradería

3,4

359,7

2.099,1

7.831,3

 

10702.4

3.798,8

2.6112,4

6487,9

1.5728,6

12

MVMC Marina Calzada, Agre

6

244

Marina Calzada

Pradería

 

 

 

 

 

1.070,8

 

 

 

 

13

MVMC Marina Calzada, Agre

6

219

Marina Calzada

Matogueira

5

359,7

1.938,8

 

 

3.981,9

1.075,2

2.2602,2

2.624,4

 

14

Rivas Otero Antonio

6

233

Travesa

Pradería

5

 

 

 

 

518,0

312,9

60,5

1.132,9

 

15

Pérez Martínez David

6

223

Travesa

Matorral

 

 

 

 

 

2.155,7

733,8

 

123,5

 

16

Rivas Otero Antonio

6

232

Travesa

Eucaliptus

 

 

 

 

 

1.307,6

549,8

 

 

 

17

MVMC Marina Calzada, Agre

6

215

Marina Calzada

Matogueira

6

 

1.549,3

 

 

291,7

111,8

7.704,8

 

 

18

Yañez Fernández Elvira

6

216

Pico

Eucaliptus

6

359,7

1.727,4

 

 

2.519,7

328,4

1.0973,8

1.091,5

 

19

Masa Común

6

217

Travesa

Praderías

6

 

 

 

 

 

 

1.362,9

1.157,9

 

20

Vázquez Manso Josefa

5

35

Pico

Eucaliptus

6

 

 

 

 

 

 

1.063,9

 

 

21

Espiñeira Cachaza Mercedes Emilia

5

36

Pico

Matogueira

6

 

 

 

 

 

 

1.008,8

 

 

22

Andreu Golpe Delia

6

236

Belido

Eucaliptus

 

 

 

 

 

620,7

222,3

 

 

 

23

Descoñecido

6

237

Travesa

Matogueira

 

 

 

 

 

913,4

330,8

 

 

 

24

Mosquera Rilo Manuel

6

239

Penediños

Matogueira

 

 

 

 

 

1.372,7

493,7

 

 

 

25

Descoñecido

6

241

Regalados

Matogueira

 

 

 

 

 

538,0

144,4

 

 

 

26

Descoñecido

6

242

Regalados

Matogueira

 

 

 

 

 

2.283,1

780,2

 

 

 

27

Descoñecido

6

248

Regalados

Matogueira

 

 

 

 

 

513,8

127,4

 

 

 

28

Descoñecido

6

1

Avieira

Eucaliptus

1

 

 

 

 

 

 

1.707,5

 

 

29

Souto Ares Dominga

6

6

Abeleira

Eucaliptus

 

 

 

 

 

494,1

 

 

 

 

45

Castro Fernández Mª José

6

125

Pico

Eucaliptus

 

 

 

 

 

 

 

0,8

 

 

– Concello de Coirós

1

Naveira Rivas Luciano

18

113

Revolta Moura

Matogueira

1

359,7

539,8

 

 

230,2

317,9

1.2626,4

1.321,6

 

3

De Barutell Rubio José Mª

18

114

Revolta Moura

Piñeiral madeirable

1

 

 

 

 

 

31,4

28,8

1,9

 

4

Brañas Méndez Ana Mª

18

115

Revolta Moura

Agrario

1

 

 

 

 

 

 

1,0

 

 

30

XPMV Recebes ou Costa do Sal

23

36

Recebes

Eucaliptus, matogueira

3,7,8

400,9

2.221,8

 

529,0

2.4088,8

8.274,0

2.2163,4

4.772,6

6.401,9

31

Otero Roca Mª José

23

5

As Laxes

Eucaliptus

 

 

 

 

 

 

306,4

 

 

 

32

Morente Torres María

23

6

As Laxes

Eucaliptus

 

 

 

 

 

 

294,4

 

 

 

33

Fiaño Sánchez Manuel

22

264

Penedo Grande

Eucaliptus

7

 

 

 

 

 

 

4.768,2

 

 

34

Vázquez Seoane Hnos

22

265

Pena Cerdeira

Eucaliptus

7

34,3

1.918,3

 

 

 

 

4.608,9

 

 

35

López Espiño Ricardo

22

266

O Rego

Eucaliptus

7

 

 

 

 

347,0

 

962,1

 

 

36

López Espiño Ricardo

23

35

Rego

Eucaliptus

7

213,4

626,4

 

 

175,1

187,3

3.180,3

1.299,5

 

37

Pérez Loureiro José

23

23

O Pinche

Eucaliptus

7

 

280,0

 

 

402,9

219,5

2.326,5

1.619,8

 

38

Cadaveira García José

23

28

Rego

Eucaliptus

 

 

 

 

 

388,3

 

 

 

 

39

López Espiño Ricardo

22

272

As Grandes

Eucaliptus

 

 

 

 

 

1.057,8

 

 

 

 

40

XPMV Recebes ou Costa do Sal

23

40

As Laxes

Eucaliptus

 

 

 

 

 

952,6

 

 

 

 

41

Descoñecido

23

60002

Recebes

Pastos

3

 

 

 

 

96,6

 

718,8

 

55,3

42

Otero Rodríguez Jose Ramón

18

112

Penas Longas

Agrario

1

 

 

 

 

 

 

55,9

 

 

43

Carro Galeiras Fco. Carlos

22

94

Revolta Moura

Eucaliptus

1

 

 

 

 

 

 

15,4

 

 

44

Álvarez Bonome Antonio

22

300

Revolta Moura

Eucaliptus

2

 

 

 

 

 

 

0,7

 

 

46

Tizón Fiaño Alfonso

22

263

Pena Cerdeira

Eucaliptus

7

 

 

 

 

 

 

161,2

 

 

47

Rodríguez Vázquez Mª Isabel

23

43

Recebes

Agrario

8

 

 

 

 

627,3

231,7

7.503,7

63,0

 

Afeccións en metros cadrados (m²):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Subestación (Sub.): subestación eléctrica.

– Torre meteorolóxica (T. met.): plataforma da torre meteorolóxica.

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros poloa cales circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalación do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da líña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo).

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (Ocup.temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como almacén de materiais, montaxe de guindastres, almacén de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.

Servidume forestal (Serv. forestal): servidume por rede primaria, secundaria e terciaria da faixa de xestión de biomasa derivada da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.