Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46369

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 81/2018).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ETX 81/2018 deste xulgado se ditaron auto e decreto en que se despacha execución do 11.3.2019 contra os cales se poderá interpoñer recurso de reposición e de revisión respectivamente no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das devanditas resolucións na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Vanessa Gago Romero, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza