Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46085

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021 (código de procedemento MT975I).

Mediante a Orde do 5 de maio de 2020 (DOG núm. 92, do 13 de maio) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Segundo o establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións que concedan con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Convén sinalar que estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) número 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, e no Regulamento (UE) 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1080/2006.

En concreto, estas actuacións enmárcanse no programa operativo Feder Galicia 2014-2020; obxectivo temático 6: Conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.1: O investimento no sector dos residuos para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades identificadas polos Estados membros; obxectivo específico 6.1.1: Desenvolver a separación, recollida selectiva e tratamento de residuos incluíndo accións de peche de ciclo; incluíndo tanto os plans de xestión como os investimentos en infraestruturas; actuación 6.1.1.3: Financiamento para o fomento de actuacións que contribúan ao desenvolvemento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG 2010-2022).

En consecuencia,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia o resultado do proceso de concesión das subvencións concedidas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal (código de procedemento MT975I) e que figuran no anexo desta resolución de conformidade co seguinte:

a) Convocatoria: Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021-código de procedemento MT975I (DOG núm. 92, do 13 de maio).

b) Programa e crédito orzamentario: as subvencións relativas ao obxecto desta resolución imputaronse á aplicación orzamentaria 07.02.541D.760.1, código de proxecto 2019 89, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020 e 2021 consonte o seguinte:

Aplicación

Importe 2020

Importe 2021

Total

07.02.541D.760.1

2.448.890 €

1.714.223 €

4.163.113 €

c) Finalidade da axuda: o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, en particular:

• Liña 1: actuacións destinadas a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos que teñan por finalidade:

1º. Adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola Rede galega de puntos limpos existentes na nosa Comunidade Autónoma, para a xestión de residuos especiais de competencia municipal.

2º. A posta á disposición da cidadanía de espazos municipais de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...) para conformar unha rede galega de establecementos públicos destinados á preparación para a reutilización, coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos.

• Liña 2: actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas:

1º. Ao fomento da compostaxe in situ.

2º. Á recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais.

d) Destinatarios: entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Entidades beneficiarias liña 1: actuacións destinadas a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos.

Nº de expte.

Nome do solicitante

NIF

Actuación subvencionable

Imputación

Axuda concedida total

005-2020

Mancoomunidade I. V. do Ribeiro
(A Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)

P3200021H

Punto limpo móbil

2020

25.000,00 €

010-2020

Concello de Carnota

P1502000A

Espazo de autorreparación

2020-2021

11.457,00 €

012-2020

Concello de Maside

P3204600E

Punto limpo móbil

2020

57.670,00 €

015-2020

Deputación Provincial de Ourense

P3200000B

Punto limpo móbil

2020

69.500,00 €

023-2020

Concello da Laracha

P1504200E

Punto limpo móbil

2020

62.799,00 €

024-2020

Concello de Muxía

P1505300B

Punto limpo móbil

2020

50.301,40 €

030-2020

I

Concello de Cambados

P3600600E

Punto limpo móbil

2020-2021

70.000,00 €

032-2020

Concello de Carballo

P1501900C

Punto limpo móbil

2020

62.799,00 €

044-2020

I

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

Punto limpo móbil

2020

9.549,44 €

052-2020

Concello do Rosal

P3604800G

Espazo de autorreparación

2020-2021

30.000,00 €

061-2020

I

Consorcio As Mariñas

P1500011J

Espazo de autorreparación

2020-2021

37.418,25 €

069-2020

Concello do Incio

P2702400I

Punto limpo móbil

2020

56.603,80 €

084-2020

Concello de Rianxo

P1507300J

Espazo de autorreparación

2020-2021

20.000,00 €

085-2020

Concello do Vicedo

P2706400E

Punto limpo móbil

2020

16.892,82 €

097-2020

Concello de Sober

P2705900E

Punto limpo móbil

2020-2021

22.937,70 €

111-2020

II

Concello de Vilalba

P2706500B

Espazo de autorreparación

2020-2021

29.610,00 €

132-2020

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

Espazo autorreparación

2020-2021

30.000,00 €

137-2020

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

Punto limpo móbil

2020-2021

18.520,00 €

140-2020

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Punto limpo móbil

2020-2021

44.676,44 €

025-2020

Concello de Mondariz

P3603000E

Punto limpo móbil

2021

45.254,00 €

028-2020

Concello de Castro de Rei

P2701000H

Punto limpo móbil

2021

27.389,85 €

046-2020

II

Agrupación de Concellos Fene-Cabanas

P1503600G

Espazo de autorreparación

2021

14.701,50 €

064-2020

Agrupación de Concellos Boimorto-Curtis-Sobrado-Vilasantar

P1501000B

Punto limpo móbil

2021

98.893,30 €

067-2020

I

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

Punto limpo móbil

2021

69.800,00 €

079-2020

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

Punto limpo móbil

2021

65.495,59 €

115-2020

Concello de Gondomar

P3602100D

Punto limpo móbil

2021

26.800,00 €

Entidades beneficiarias liña 2: actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos.

Nº de expte.

Nome do olicitante

NIF

Actuación subvencionable

Imputación

Axuda concedida total

004-2020

Concello de Vilarmaior

P1509200J

Compostaxe

2020-2021

14.350,60 €

009-2020

I

Concello de Valga

P3605600J

Compostaxe

2020-2021

59.800,00 €

014-2020

Concello da Pobra de Brollón

P2704700J

Compostaxe

2020

11.766,04 €

020-2020

Deputación Provincial de Ourense

P3200000B

Compostaxe

2020-2021

100.000,00 €

030-2020

II

Concello de Cambados

P3600600E

Compostaxe

2020-2021

59.005,65 €

030-2020

III

Concello de Cambados

P3600600E

Fracción orgánica

2020-2021

72.051,87 €

031-2020

Concello da Guarda

P3602300J

Compostaxe

2020-2021

60.000,00 €

033-2020

I

Concello de Carballo

P1501900C

Compostaxe

2020

24.472,25 €

033-2020

II

Concello de Carballo

P1501900C

Fracción orgánica

2020

6.298,05 €

035-2020

Concello de Neda

P1505600E

Compostaxe

2020-2021

12.698,65 €

040-2020

Concello de Friol

P2702000G

Compostaxe

2020-2021

14.524,91 €

043-2020

Concello de Camariñas

P1501600I

Compostaxe

2020-2021

25.311,00 €

044-2020

II

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

Compostaxe

2020-2021

42.704,64 €

045-2020

I

Concello de Fene

P1503600G

Compostaxe

2020

4.029,30 €

053-2020

Concello do Rosal

P3604800G

Compostaxe

2020-2021

47.458,50 €

054-2020

II

Concello de Melide

P1504700D

Compostaxe

2020-2021

11.754,39 €

061-2020

II

Consorcio das Mariñas

P1500011J

Compostaxe

2020-2021

66.662,48 €

062-2020

Concello de Redondela

P3604500C

Compostaxe

2020-2021

58.950,00 €

072-2020

Concello da Lama

P3602500E

Compostaxe

2020-2021

40.505,00 €

078-2020

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

Fracción orgánica

2020-2021

100.000,00 €

081-2020

Agrupación Concello de Riotorto-A Pastoriza-Pol-Meira-Ribeira de Piquín-Riotorto

P2705400F

Compostaxe

2020-2021

70.492,60 €

086-2020

Concello de Foz

P2701900I

Compostaxe

2020-2021

32.190,84 €

089-2020

Concello de Ortigueira

P1506200C

Compostaxe

2020-2021

22.500,56 €

099-2020

Concello de Tordoia

P1508500D

Compostaxe

2020

21.326,25 €

108-2020

Concello de Viveiro

P2706700H

Compostaxe

2020-2021

59.615,43 €

117-2020

Concello de Vimianzo

P1509300H

Compostaxe

2020-2021

17.428,84 €

118-2020

Concello de Boqueixón

P1501200H

Compostaxe

2020-2021

58.816,77 €

120-2020

Concello de Ribeira

P1507400H

Compostaxe

2020-2021

59.998,60 €

126-2020

Concello de Cospeito

P2701500G

Fracción orgánica

2020-2021

16.456,00 €

127-2020

Concello de San Sadurniño

P1507700A

Compostaxe

2020-2021

19.444,00 €

134-2020

Concello de Allaríz

P3200200H

Compostaxe

2020-2021

41.471,50 €

136-2020

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

Compostaxe

2020-2021

24.524,16 €

144-2020

Concello de Tui

P3605500B

Compostaxe

2020-2021

59.115,94 €

146-2020

Concello do Grove

P3602200B

Fracción orgánica

2020-2021

37.294,44 €

006-2020

Concello de Vilaboa

P3605800F

Compostaxe

2021

36.931,50 €

018-2020

I

Mancomunidade de Concellos do Morrazo

P3600020F

Compostaxe

2021

79.846,69 €

018-2020

II

Mancomunidade de Concellos do Morrazo

P3600020F

Fracción orgánica

2021

119.941,25 €

021-2020

Concello de Narón

P1505500G

Compostaxe

2021

14.222,95 €

061-2020

III

Consorcio As Mariñas

P1500011J

Fracción orgánica

2021

27.187,50 €

067-2020

II

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

Compostaxe

2021

60.000,00 €

067-2020

III

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

Fracción orgánica

2021

100.000,00 €

082-2020

Concello de Pontedeume

P1507000F

Compostaxe

2021

11.953,66 €

107-2020

Agrupación de Concellos Guitiriz-Xermade

P2702200C

Compostaxe

2021

23.885,03 €