Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46135

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 novembro de 2020 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 30.1 da Resolución do 3 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para os anos 2020 e 2021, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG número 161, do 12 de agosto).

O prazo máximo para resolver e notificar as resolución deste procedemento será de catro meses, contados desde a data de presentación da solicitude (artigo 4 da resolución).

O prazo para presentar solicitudes das axudas remata o 1 de decembro de 2020 (artigo 3.3 da resolución).

De acordo co disposto no artigo 30.1 das bases reguladoras das axudas, a data límite para solicitar un anticipo, unha vez notificada a resolución de concesión, será o 1 de decembro de 2020.

O artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), establece que a ampliación de prazo poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.

No presente procedemento de concesión de axudas os solicitantes non poden iniciar o proxecto ata ter presentado a solicitude de axuda, e moitos dos solicitantes esperan a que se lles notifique a resolución de concesión da axuda para empezar os traballos. A día de hoxe aínda non se ditou resolución de concesión e, polo tanto, non se pode solicitar o pagamento de anticipos, que teñen como data límite de solicitude o 1 de decembro de 2020.

Por todo o anterior, sobre a base dos requisitos e condicións previstos na normativa anteriormente citada,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificar a data límite que figura no artigo 30.1 das bases reguladoras para solicitar un anticipo, ampliando o prazo ata o 28 de febreiro de 2021.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 32.3 da LPACAP, contra o presente acordo non cabe recurso de ningún tipo.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia