Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 46009

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada das especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

En caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento deste deberá facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, que poderá acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, salvo naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte dentro da parcela espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio segundo o artigo 18.2 da CE.

Se persiste no incumprimento despois do prazo outorgado, iniciarase o correspondente procedemento sancionador, que será competencia da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, dunha sanción leve cunha multa de ata 1.000 €.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Vilamartín de Valdeorras, situadas na avda. da Constitución núm. 8, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Vilamartín de Valdeorras, 9 de novembro de 2020

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde presidente

ANEXO

Núm. exp.

Referencia catastral

Propietarios

Liquidación provisional de custos

122/2019

32089A013005830000QA

Herdeiros de Saturnina Dobao Vicente

653,79 €

412/2018

32089A026016780000QF

Descoñecido

6.500 €

332/2018

32089A015001650000QO

Descoñecido

4.844,63 €