Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 46011

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de actas de entrega de diversos tramos de estradas provinciais aos concellos de Arbo e Gondomar.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 18.8 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, procedeuse a publicar, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na páxina web www.depo.gal, o contido das seguintes actas de entrega de tramos de estradas provinciais:

No BOPPO número 176, do 11 de setembro de 2020:

– Acta de entrega ao Concello de Gondomar de dous treitos antigos da estrada provincial E.P. 2303 Gondomar-Vilaza-Parada, asinada o día 28 de agosto de 2020.

No BOPPO número 200, do 16 de outubro de 2020:

– Acta de entrega ao Concello de Arbo de diversos treitos da estrada provincial E.P. 5003 A Cañiza-Arbo, asinada o día 6 de outubro de 2020.

– Acta de entrega ao Concello de Arbo do treito comprendido entre o punto quilométrico 1+165 e o punto quilométrico 1+743 da estrada provincial E.P. 5202 Arbo-Embarcadoiro, asinada o día 6 de outubro de 2020.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 29 de outubro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Economía, Facenda e Réximen Interior

Carlos Cuadrado Roma
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra