Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 108/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 108/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Calo Albores contra Limpintegra XXI, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 152/2019 con data do 28.3.2019 ditada no procedemento PO 876/2017 a favor da parte executante, María Belén Calo Albores, fronte a Limpintegra XXI, S.L., Fogasa parte executada, por importe de 5.839,97 euros en concepto de principal (4.979,91 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non gozadas, máis 829,88 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais que comportan 4.441,45 euros, máis 30,18 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a compensación económica de liquidación de vacacións que comporta 538,46 euros), máis outros 583,99 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que houberen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e o asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a executada Limpintegra XXI, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 5.839,97 euros en concepto de principal (4.979,91 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non gozadas, máis 829,88 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais que comportan 4.441,45 euros, máis 30,18 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a compensación económica de liquidación de vacacións que comporta 538,46 euros), máis outros 583,99 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0108 20), con apercibimento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación deles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Limpintegra XXI, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora de xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza