Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/55-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: recuamento LMTS CAT701-702-703-722-724 e reforma CT Túnel.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, en 6 actuacións:

Actuación 1-CAT701 praza de Compostela 1:

35 metros; orixe: punto G, tramo CAT701 procedente da subestación O Castro (SET-Castro); final: centro de transformación túnel (CT túnel) onde se fará un empalme coa CAT701 que vai ao CT praza de Compostela.

Actuación 2-CAT702 López de Neira 2:

35 metros; orixe: punto H, tramo CAT702 procedente da SET-Castro; final: CT Túnel onde se fará un empalme coa CAT702 que vai ao centro de seccionamento (CS) Correos.

Actuación 3-CAT703 túnel 3:

35 metros; orixe: punto I, tramo CAT703 procedente da SET-Castro; final: cela de liña do CT túnel.

Actuación 4-CAT722 doutor Cadaval 33 22:

35 metros; orixe: punto F, tramo CAT722 procedente da SET-Castro; final: CT túnel onde se fará un empalme coa CAT722 que vai ao CS Marqués de Valladares 8.

Actuación 5-CAT724 Hotel Bahía 24:

35 metros; orixe: punto E, tramo CAT724 procedente da SET-Castro; final: CT Túnel onde se fará un empalme coa CAT724 que vai ao CT Bahía.

Actuación 6-CAT724 Hotel Bahía 24:

38 metros; orixe: punto J, tramo CAT724 procedente do CT túnel; final: punto K, tramo CAT724 que vai ao CT Bahía.

Reforma do CT túnel, consistente na substitución das celas de media tensión existentes por celas 4L2P telecontroladas e dos transformadores, tamén existentes, por dous de 630 kVA con r.t. 15 kV/400 V.

A instalación está situada na zona de Porta do Sol e rúa Carral, Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203, do 25 de outubro de 2017, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 29 de outubro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra