Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Mouriños, no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN661A 2011/10-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial do citado concello.
A Coruña, 9 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2011/10-1.
Entidade beneficiaria: Naturgy Wind, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Mouriños.
Concello: Cabana de Bergantiños.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
81 |
Cabana de Bergantiños |
Manuel Pardiñas Macías |
16.12.2020 |
10.55 |
82 |
Cabana de Bergantiños |
Ascensión Leonardo Yáñez |
16.12.2020 |
11.10 |