De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces a través de anuncio, emprázase para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas relativos aos expedientes relacionados no anexo.
Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base Rúa Serra de Ancares nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra estas resolucións poderase interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de 30 días, que comezará a contarse desde o día seguinte á notificación, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Lugo, 14 de outubro de 2020
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente/proc. BS611A |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
lU-0000053043 |
76565358Z |
Resolución de recoñecemento |
17.2.2020 |
LU-0000053150 |
32611684F |
Resolución de recoñecemento |
17.2.2020 |
LU-0000054400 |
34302162P |
Resolución de recoñecemento |
20.7.2020 |