Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 22 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican diversas resolucións ditadas por esta xefatura territorial no procedemento BS650A (expediente 32/00170-I/10 e dous máis).

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e, en virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles a través deste edicto as resolucións ditadas no procedemento ás persoas citadas no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados. Así mesmo, emprázanse para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial de Política Social de Ourense (rúa Sáenz Díez, nº 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución. Advírteselles que, de non o faceren así, se terán por notificadas ao vencer o prazo indicado para comparecer. Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor reclamación previa na vía xurisdicional social, perante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes á data da súa notificación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Ourense, 22 de outubro do 2020

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

Anexo

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

X1722943J

32/00170-I/10

Rehabilitación

14.5.2019

34981882D

32/00057-I/12

Extinción

14.3.2019

44447207Y

32/00212-I/12

Extinción

15.2.2019