Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 11 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente polo Concello Pleno do 2 de outubro de 2020 a modificación puntual nº 11 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello do Carballiño para adaptar a normativa do réxime de fóra de ordenación á Lei 2/2016.

En cumprimento de tal acordo e das prescricións contidas no artigo 60.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como na sede electrónica deste concello www.carballino.gal.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva da modificación puntual nº 11 do PXOM.

O Carballiño, 5 de outubro de 2020

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde