Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45579

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2020 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de investigación, área electrónica-mecánica.

Mediante a Resolución do 2 de outubro de 2019 (DOG do 15 de outubro e BOE do 26 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de investigación, área electrónica-mecánica, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 14 de xaneiro de 2020 (DOG do 28 de xaneiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado o devandito prazo e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 17 de decembro, ás 10.00 horas, na aula 1 da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da USC e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela