Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 4 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria de prestacións por desemprego (expediente 22-10-2020/2.1.A).

Intentada a notificación persoal da comunicación do inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditada pola xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar esta notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) á persoa interesada que se sinala no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando supeditada a súa eficacia á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber á persoa interesada que segundo o disposto no punto 3, do artigo 37.bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación da presente cédula no BOE, para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

A persoa interesada durante ese prazo poderá comparecer para efectos do coñecemento e constancia do texto íntegro da comunicación de inicio, ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificar a resolución pertinente.

Lugo, 4 de novembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia).

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Mohammed Khaled

22-10-2020/2.1.A

Inicio procedemento sancionador

Lourenzá