Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45512

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade da axuda concedida ao abeiro da Orde do 29 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2020.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 17 da orde de convocatoria, esta resolución publicarase no DOG, no portal da Rede de bibliotecas de Galicia (https://rbgalicia.xunta.gal) e na páxina web oficial da Secretaría Xeral de Cultura (https://www.cultura.gal). Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos. En virtude disto,

RESOLVO:

Facer pública a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2020 ao Concello de Bóveda, polo proxecto Biblioteca accesible. Un proxecto de integración social da Axencia de Lectura Municipal de Bóveda, ao abeiro da Orde do 29 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2020 (procedemento CT237A). A devandita axuda foi aprobada con cargo á aplicación orzamentaria 2020 11 20 432A 760.3, proxecto 2015 00352, cun crédito orzamentario para o ano 2020 de tres mil euros (3.000 €).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade